RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella, citado pola selección española sub-20 para unha concentración antes do Mundial de Chile

David Mella Boullón (Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005) foi convocado pola selección española sub-20 para unha concentración que terá lugar este mes de setembro en Francia.

Esta concentración servirá para preparar o próximo Campionato do Mundo da categoría que se xogará en Chile do 27 de setembro ao 19 de outubro.

O canteirán deportivista concentrarase ao concluír o partido do Dépor en Leganés este luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque.

Durante esta fase están previstos dous amigables ante Francia en Clairefontaine, habitual sede de concentración dos diferentes equipos nacionais galos.

O calendario de partidos de David Mella nesta convocatoria é o seguinte:

Xoves 4 de setembro
16:00: FRANCIA - ESPAÑA

Domingo 7 de setembro
11:00: FRANCIA - ESPAÑA

Así pois, David Mella será baixa segura para o partido ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR previsto para o sábado 6 de setembro ás 16:15 horas.