RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella comeza este domingo 28 ante Marrocos o Campionato do Mundo sub-20 de Chile

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 arrincan este domingo 28 de setembro a súa participación no Campionato do Mundo da categoría.

O seu primeiro rival será Marrocos nun partido que se xogará no Estadio Nacional en Santiago de Chile.

O choque arrincará ás 22:00 (hora galega) e será retransmitido en directo por Teledeporte de RTVE.

México e Brasil son os outros dous rivais do deportivista na Primera Fase.

A selección española, que leva varios días adestrando xa no pais suramericano, recibiu estes días a cariñosa visita de nenos e nenas chilenos pertencentes á organización Estadio Español de Las Condes, unha institución de índole deportiva, social e cultural fundada o 12 de outubro do ano 1950 en Santiago de Chile por unha colonia española (escena á que corresponde a foto).

O calendario de España é o seguinte:

Domingo 28 de setembro
22:00 (hora galega): MARROCOS - ESPAÑA, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Mércores 1 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Sábado 4 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

No que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.