RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella coróase como campión de Europa sub-19 cun gran partido ante Francia

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-19 proclamáronse este domingo 28 de xullo brillantes campións de Europa sub-19 ao derrotar a Francia (2-0) na gran final.

O choque disputouse no Estadio Windsor Park de Belfast (Irlanda do Norte).

O canteirán branquiazul, que xogou un gran partido, saíu no once inicial e foi o autor da asistencia do primeiro gol a Íker Bravo no minuto 41 que encarrilaba o encontro.

Co choque decidido, Mella foi relevado no minuto 80 por Jesús Rodríguez.

Desta forma, España logra o seu 9º título continental.

Ademais do encontro de hoxe, o futbolista do Dépor tamén foi titular ante Dinamarca no primeiro encontro do torneo e ante Francia na Primera Fase; e participou saíndo desde o banco no resto de choques: ante Turquía e no de Italia de semifinais.

Os resultados de España no torneo foron os seguintes:

Martes 16 de xullo
DINAMARCA 1 - ESPAÑA 2

Venres 19 de xullo
TURQUÍA 1 - ESPAÑA 1

Luns 22 de xullo
ESPAÑA 2 - FRANCIA 2

Xoves 25 de xullo
Semifinal
ITALIA 0 - ESPAÑA 1

Domingo 28 de xullo
Final
ESPAÑA 2 - FRANCIA 0