RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella debutou no Campionato do Mundo sub-20 ao ser titular ante Marrocos

Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 arrincaron a súa participación no Campionato do Mundo da categoría.

O seu primeiro rival foi Marrocos nun partido que se xogou no Estadio Nacional en Santiago de Chile.

O canteirán branquiazul, que dispuxo dunha boa oportunidade para marcar, saíu no once inicial e foi relevado no minuto 63 por Fortea.

Os españois non aproveitaron as súas oportunidades pero si os marroquís, que se impuxeron por 2-0 con dous goles case consecutivos nos minutos 54 e 58.

A próxima cita para David Mella no torneo será este mércores 1 de outubro ante México á mesma hora (22:00, hora galega) e o mesmo escenario (Estadio Nacional en Santiago de Chile).

O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Sábado 4 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

No que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.