RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella foi titular con España no primeiro partido do Campionato de Europa sub-19

-Foto:@rfef.es

 

David Mella iniciou no once inicial de España a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se celebra en Irlanda do Norte. O canteirán branquiazul foi relevado no minuto 67 por Jesús Rodríguez.

No debut na competición, os españois derrotaron (1-2) a Dinamarca grazas a un gol de Íker Bravo na recta final, ademais xusto despois de que a selección quedouse con 10 futbolistas debido á expulsión de Rayane.

A próxima cita para España será este venres 19 de xullo ás 19:00 ante Turquía en Seaview (Belfast).

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
DINAMARCA 1 - ESPAÑA 2

Venres 19 de xullo
19:00: TURQUÍA - ESPAÑA, en Seaview (Belfast)

Luns 22 de xullo
19:00: ESPAÑA - FRANCIA, en Iver Park (Lane)

Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.