RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella, que participou en todos os partidos, e España caen ante Colombia nos cuartos de final do Campionato do Mundo sub-20

David Mella e a selección española sub-20 caeron (2-3) este sábado 11 de outubro nos cuartos de final do Campionato do Mundo de Chile cun gol de Colombia no minuto 85 cando do encontro parecía abocado á prórroga.

O futbolista do Dépor arrincou o choque no banco e substituíu a Jan Virgili no minuto 76.

Tivo tempo para dar unha gran asistencia a Pablo García, cuxo remate sálvao in extremis o gardameta colombiano aínda con 2-2 no marcador.

Practicamente no último minuto de partido o colexiado do encontro, o estadounidense Joe Dickerson, sinalou penalti por derriba a Rayane. Após consultar o VAR, cambiou a súa decisión e sacou a falta ao bordo da área.

España chegaba a esta rolda após superar (0-1) a Ucraína en oitavos de final.

O canteirán deportivista saltou ao céspede no minuto 58 en substitución de Jan Virgili.

David Mella tamén tivo minutos nos 3 partidos da Primeira Fase aínda que só xogou de inicio ante Marrocos no debut do combinado nacional no torneo.

Os resultados de España no Mundial foron os seguintes:

Primeira Fase
Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
ESPAÑA 1 - BRASIL 0

Oitavos de final
Martes 7 de outubro
UCRAÍNA 0 - ESPAÑA 1

Cuartos de final
Sábado 11 de outubro
ESPAÑA 2 - COLOMBIA 3

Nos próximos días David Mella regresará á Coruña para incorporarse de novo aos adestramentos co Deportivo.