RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella, sobre a súa experiencia no Mundial: "Foi a dar o meu 100% alí e a gozalo ao máximo posible"

David Mella pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center completada a súa primeira sesión de traballo co Dépor despois do Mundial sub-20 de Chile.

O canteirán dixo que a experiencia foi "moi bonita. É un dos mellores torneos que pode haber de categorías inferiores. É unha pasada xogar nos estadios que xogas. Non se enchen do todo pero vai moita xente porque lles gusta o fútbol alí. É unha pasada xogar eses partidos". "Foi a dar o meu 100% alí e a gozalo ao máximo posible", engade.

Vese preparado para o partido do domingo 19 de setembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero ante o Real Racing Club se Antonio Hidalgo considérao oportuno e asegura que o equipo prepara o choque "como os demais, adestrando ao 100%".

Mella cualifica o encontro en Santander como "moi bonito polos dous equipos que somos. A gozalo como nenos pequenos".

Opina do Racing que "ten moi bo equipo, xogador a xogador e como bloque; pero se nós xogamos ao noso 100% imos gañar o partido".

O atacante deportivista agradeceu os eloxios de Antonio Hidalgo ao afirmar que o botaba de menos e recalca que "como canteirán que son gústame vir cun sorriso, gozar do día a día e aproveitar ao máximo os días que me queden aquí, que espero que sexan moitos".

Finalmente, preguntado pola lesión de Ximo Navarro, Mella subliña que "o equipo perde moito pero todos os compañeiros son moi bos. Con Ximo pérdese porque é unha persoa que quere competir ao 100% todos os partidos e déixase a alma xogando".