RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella xa prepara en Chile o seu debut no Mundial Sub-20

-Foto:@https://rfef.es/es

 

David Mella xa prepara en Chile coa selección española sub-20 a súa participación no Campionato do Mundo da categoría que arrinca o 27 de setembro.

Os rivais na Primera Fase do combinado nacional co canteirán branquiazul son Marrocos, México e Brasil.

O calendario de España é o seguinte:

Domingo 28 de setembro
22:00 (hora galega): MARROCOS - ESPAÑA, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Mércores 1 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Sábado 4 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

No que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.