RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella xógase este sábado 4 de outubro ante Brasil o pase aos oitavos de final do Mundial de Chile

-Foto:@https://x.com/SEFutbol

 

David Mella e a selección española sub-20 xóganse este sábado 4 de outubro ante Brasil o pase a oitavos de final do Mundial de Chile.

O encontro está fixado para as 22:00 (hora española) no Estadio Nacional en Santiago de Chile e será retransmitido en directo por Teledeporte.

Logran o pase as dúas primeira seleccións de cada grupo, así como as 4 mellores terceiras clasificadas dun total de 6 grupos.

España depende de si mesma para ser terceira: un triunfo ante a canarinha asegura aos xogadores que dirixe Paco Gallardo o terceiro escalafón do grupo, pero pode outorgarlles a segunda posición no caso de que México non gañe a Marrocos no outro encontro do grupo.

Nos dous partidos anteriores dos españois participou David Mella.

O canteirán foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.

O calendario de partidos de David Mella, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.