RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Gómez vaticina na Malata un partido "bonito porque eles estarán moi motivados e nós iremos ao máximo"

Diego Gómez, que se estreou como titular a pasada fin de semana ante o FC Cartagena en ABANCA-RIAZOR, foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo.

O futbolista ourensán mostrouse "moi contento" por este motivo aínda que se lamentou "do resultado, da expulsión, que nos condicionou".

Sentiu "ben, con ritmo. Fun madurando co partido. Foi unha mágoa a expulsión pero noteime ben".

Insiste en que levou "ben" pasar do CD Arenteiro, titular cada partido, ao Dépor no pasado mercado invernal: "Aquí é onde quero estar. Xogar non depende de min, depende do míster. Eu teño que estar preparado para ter os máximos minutos posibles e poder axudar ao equipo".

Fai autocrítica e cre que pode mellorar "na toma de decisións. Tento darlle moita continuidade ao xogo e igual teño que ser máis atrevido. Teño que ir madurando co xogo e o tempo darame os resultados. Seguro".

Diego Gómez apunta que o partido deste sábado 29 de marzo na Malata ante o Racing de Ferrol (16:15, LaLiga TV Hypermotion) "afrontámolo como calquera outro equipo, moi motivados. Son 3 puntos que queremos lograr. Iremos gañar. Seguro que haberá un bo ambiente".

Vaticina un partido "bonito porque eles estarán moi motivados e nós iremos ao máximo".

O atacante deportivista considera que non hai favorito: "Eles levan unha mala serie. Iso é certo pero nun partido nunca se sabe. Van tentar dar o máximo. Non vou dicir se hai favoritos. O Dépor vai ir a gañar, a xogar ben ao fútbol e a facer todo o que estea na nosa man para levarnos os 3 puntos para A Coruña".