O Dépor asegúrase o compromiso, o traballo e o talento de Diego Villares (17 de xuño de 1996, Vilalba, Lugo) até xuño de 2027.
O mediocentro lucense, un dos actuais capitáns, chegou a #ANOSACANTEIRA en xuño de 2018 procedente do club do seu pobo natal, o Racing Villalbés.
Despois de militar no Fabril, incorporouse ao Dépor o 1 de febreiro de 2021.
Desde ese momento, Diego Villares suma no Deportivo 107 partidos de liga en Segunda División B e Primera Federación; aos que hai que engadir 4 encontros de play off de ascenso a Segunda División e 4 partidos de Copa del Rey. Ademais anotou 8 goles e repartiu 4 asistencias.
O Club mantén así a aposta por #ANOSACANTEIRA xa que á renovación de Villares hai que engadir nestes últimos meses as de Dani Barcia, David Mella, Kevin Sánchez, Rubén López, Brais Suárez, Lucía Rivas, Elena Vázquez, Paula Novo e Marta Rico.