RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Diego Villares luciu o primeiro brazalete solidario da Fundación RC Deportivo

Diego Villares luciu con motivo do partido en ABANCA-RIAZOR ante o Real Valladolid o primeiro brazalete solidario, froito dunha iniciativa innovadora da Fundación RC Deportivo de alto valor social, deseñada para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.

Este primeiro brazalete foi dedicado a FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) precisamente no Día DÉ Saúde Mental.

A través da personalización do brazalete preténdese xerar conciencia, empatía e compromiso ao redor de problemáticas sociais de relevancia local, nacional e internacional. 

Esta acción reforza o papel do RC Deportivo como institución de referencia dentro e fóra do terreo de xogo, abanderando valores como a inclusión, a solidariedade e a xustiza social.