RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Villares: "Neste vestiario hai xente veterana dabondo como para saber que estas xeiras as vai a haber ao longo dunha temporada"

Diego Villares pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center.

Subliña que "sabemos como é esta categoría, hai xeiras malas. Vimos de visitar dous campos moi complicados (La Rosaleda e El Sardinero), que sabiamos que ían ser dúas saídas difíciles".

Por conseguinte advirte que "imos ter xeiras como estas. Esperemos que non moitas máis. E cando veñan as malas seguir traballando para cambialas canto antes".

O capitán deportivista asegura que despois de dúas saídas consecutivas "temos moitas ganas de volver a ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA, e deixar atrás esta mala serie".

Destaca que após unha derrota "sempre tes ganas de que chegue o partido seguinte para resarcirche; pero neste vestiario hai xente veterana dabondo como para saber que estas xeiras as vai a haber ao longo dunha temporada máis dunha vez. Tranquilidade. Todos sabemos que isto é moi longo, queda moito, 32 xornadas se non me equivoco. Quedan moitos partidos, moitos puntos por diante".

Diego Villares confesa que "como máis cómodo temos que sentirnos é apertando arriba porque defendendo a área igual cústanos un pouco máis. Canto máis afastes aos dianteiros, mellor para todos".

Do Real Valladolid, rival este domingo 26 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR, opina que "é un equipo que centra moito, que ataca moi ben as posicións de área; e nós a mellorar nesa defensa que nos custou o outro día 2 goles e ser máis fortes".

Finalmente, o mediocentro deportivista firma que "en ABANCA-RIAZOR e co apoio de #ANOSAFORZA é onde mellor nos sentimos, onde máis cómodos estamos. Estamos con ganas de volver despois de 2 semanas fóra".