RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dous torneos históricos, Emma Cuervo e Teresa Herrera, na última semana de pretemporada de Os Nosos

O Deportivo arrinca este martes 5 de agosto en Abegondo a última semana de pretemporada posto que a seguinte xa corresponde á primeira xornada de LaLiga Hypermotion.

Os Nosos teñen esta semana cita con dous torneos históricos estivais: a 74 edición do Emma Cuervo o mércores 6 ante o Real Oviedo en Ribadeo e a 80 edición do Trofeo Teresa Herrera o sábado 9 en ABANCA-RIAZOR.

A maiores, Antonio Hidalgo dispuxo 5 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva.

David Mella cualificou nas redes sociais do RC Deportivo ás novas incorporacións como "fichajazos e van achegar a súa 100% ao equipo"; e que "o equipo está feliz".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 5 de agosto
10:30

Mércores 6 de agosto
10:30
19:00 (74ª edición do Trofeo Emma Cuervo): Deportivo - Real Oviedo, no campo Pepe Barrera de Ribadeo

Xoves 7 de agosto
10:30

Venres 8 de agosto
10:30

Sábado 9 de agosto
10:30
20:00 (80ª edición do Trofeo Teresa Herrera): Deportivo - Le Havre AC, en ABANCA-RIAZOR