RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elena Vázquez e Redru, citadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) e Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) 'Redru' foron convocadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 6 ao mércores 8 de outubro.

A primeira delas, a pesar da súa mocidade, xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada ao ser habitual nos amigables do Dépor ABANCA.

Até a data, Elena Vázquez, con contrato no Club até xuño de 2028, participou en 4 partidos en Liga F, 3 deles como titular.

Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular.