RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elena Vázquez e Redru enfróntanse este sábado 25 de outubro a Francia no primeiro dos amigables da selección española sub-19

Elena Vázquez e Paula Redruello 'Redru' están concentradas coa selección española sub-19 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

Durante estes días este combinado nacional que dirixe David Aznar xogará dous amigables ante Francia.

O primeiro deles será este sábado 25 de outubro ás 11:00 no complexo Albin Garden Sports.

O choque poderase seguir na canle oficial de Youtube da RFEF.

O calendario do combinado español é o seguinte:

Sábado 25 de outubro
11:00: ESPAÑA - FRANCIA, no complexo Albin Garden Sports

Martes 28 de outubro
11:00: ESPAÑA - FRANCIA no Estadio Olímpico Camilo Cano en La Nucía

Finalizado este encontro, Elena e Redru regresarán á Coruña.

Estes partidos servirán como preparación para a Rolda 1 do Campionato de Europa Sub-19 2025-26, que defende España, e na que as españolas se medirán no Grupo A a Alemaña, Bélxica e Illas Feroe. 

Elena Vázquez xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada.

Até a data Elena participou en 5 partidos en Liga F, 4 deles como titular.

Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular.