RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Espe Pizarro regresa á selección uruguaia para os partidos da Liga de Nacións ante Paraguai e Ecuador

Esperanza Pizarro Pagalday (15 de abril de 2001, Uruguai) foi convocada por Uruguai para disputar dous partidos pertencentes á CONMEBOL Liga de Nacións.

A atacante deportivista, que se incorporará após o partido do Dépor ABANCA en Sevilla, regresa ao seu equipo nacional após superar unha lesión muscular que o tivo boa parte do que vai de temporada á marxe do grupo.

Os rivais da selección celeste serán Paraguai e Ecuador.

O calendario é o seguinte:

Venres 28 de novembro
20:00 (hora local, 00:00 do sábado 29 en Galicia): PARAGUAI - URUGUAI, no Estadio La Huerta (Asunción)

Martes 2 de decembro
18:00 (hora local, 22:00 hora galega): URUGUAI - ECUADOR, no Estadio Parque Viera (Montevideo)

Até o momento Uruguai disputou un partido, saldado con empate ante Arxentina. Así pois suma 1 punto e está situado na 6ª posición da táboa, integrada por 9 seleccións.

Espe Pizarro únese a Michi Apóstol, tamén con dobre cita de Venezuela neste torneo nesta data FIFA.