RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Exercicio táctico para Os Nosos, sabendo que "cando consegues vitorias todo afróntase con máis tranquilidade"

Un exercicio táctico no campo 2 do Dépor Training Center foi a tarefa principal de Os Nosos este frío venres 21 de novembro.

Antonio Hidalgo admite que "presión hai todos os días, todas as semanas. Cando consegues vitorias todo afróntase con máis tranquilidade".

A xornada no céspede iniciouse cunha activación con rondos e unha tarefa de finalizacións; e concluíu cun repaso ás accións a balón parado.

O técnico deportivista conta para o encontro ante o AD Ceuta FC con "as baixas sabidas: Escudero, Daniel (Bachmann) e Ximo. Os demais cremos que poden estar o domingo. Tentaremos recuperar canto antes aos que están fóra".

Explicou así mesmo sobre Villares e Yeremay, que estiveron algunha sesión con traballo personalizado, que "empezan a pesar os partidos. Cos xogadores que levan máis minutos tentamos optimizar as cargas e controlar o máximo posible".

Desvela que ambos os futbolistas "acabaron o partido de Córdoba con algún tipo de sobrecarga e non queriamos correr ningún risco. Onte adestraron con normalidade".

E sobre Giacomo Quagliata, hoxe tamén con traballo personalizado, Antonio Hidalgo apunta que "tivo unha torcedura no nocello. Non parece nada grave e esperemos que estea dispoñible para o domingo", ante o AD Ceuta FC ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).

Quique Teijo, Samu e Íker Vidal foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este sábado 22 de novembro Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 no Dépor Training Center.