RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Fernando Soriano deu a benvida aos alumnos da Dépor Coaching Academy cunha clase maxistral

Fernando Soriano, Director de Fútbol do RC Deportivo, deu a benvida ao alumnado da Dépor Coaching Academy, compartindo a súa experiencia nunha inspiradora masterclass sobre dirección deportiva.

Esta sesión reforza o valor de aprender desde dentro dun club profesional e de comprender as claves do traballo colectivo.

A Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy), como centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005), imparte o curso de Técnico Deportivo en Fútbol (nivel 1), Técnico Deportivo (nivel 2) e Técnico Deportivo Superior (nivel 3).

Baseada no Método Dépor, conta cunha serie de importantes vantaxes:

-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.

-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.

-Acceso a bolsa de traballo no club.

-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)

-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...

-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Máis información en http://escolaadestradoresrcd.es.