RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso advirte que "temos que dar un moi bo nivel para gañar ao Madrid CFF"

Fran Alonso advirte que o Madrid CFF, rival do Dépor ABANCA este domingo 28 de setembro ás 16:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR "é un equipo moi forte, que se reforzou moi ben. Ten moitas virtudes. Ten novo míster, están a axustarse a unha nova idea de xogo pero é un equipo moi perigoso, coas ideas moi claras".

Alerta ademais que as madrileñas manexan un sistema "moi parecido ao noso" e por iso vaticina un partido "moi difícil e temos que dar un moi bo nivel para gañalo, que é o que queremos".

O técnico deportivista ve ás Nosas "moi ben, con moita confianza e creo que pode ser un bo partido para nós".

Do pasado domingo no Alfredo Dei Stéfano ante o Real Madrid CF opina que "estivemos lonxe da nosa mellor versión sobre todo en confianza, valentía, personalidade". 

Laméntase porque "debemos ser máis agresivas. Fixemos autorreflexión. Estamos todas de acordo e iso vaise a ver diferente neste partido".