RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso asegura que no parón "imos poder traballar coas leccións que nos deu o partido"

Fran Alonso opina que despois dunha derrota como a sufrida no Estadio Jesús Navas ante o Sevilla FC  a pasada fin de semana "o mellor é competir canto antes, quitarche a derrota. Pasounos a semana anterior co Levante UD. Estabamos a desexar que chegase o partido. Conseguimos a vitoria e cambia animicamente. Pero doutra banda dános tempo a corrixir algunhas das cousas que temos que corrixir".

Nesta liña, "aínda que imos perder a 4 ou 5 xogadoras (por seleccións) imos ter á maioría; así que imos poder traballar coas leccións que nos deu o partido", engadiu.

O técnico deportivista ve a un Dépor ABANCA "crecendo. E temos confianza. Estamos doídas porque viñamos con moita ilusión de poder puntuar, mesmo de poder gañar. Vexo ao equipo ben, cada vez coas ideas máis claras e teño moita ilusión de que chegue o próximo partido", ante o Granada CF o sábado 6 de decembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR.