RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "É un orgullo que equipos como a SD Eibar ou como nós aposten por xogar nos estadios"

Fran Alonso subliñou este venres na sala de prensa do Dépor Training Center que o parón ligueiro xusto despois do empate ante o Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR e antes do encontro en Ipurúa ante a SD Eibar deste sábado 1 de novembro ás 16:00 (Dazn) "por unha banda é bo porque te quedas dúas semanas con boas sensacións, traballando coa frecha para arriba. Nese aspecto é bo. Logo é importante que cando tes unha boa serie, que continúe. Veremos despois do partido ante a SD Eibar pero en principio para nós foi positivo porque viñamos dunha xeira para nós bastante negativa".

O técnico deportivista asegura da SD Eibar que "ten as ideas moi claras, está moi ben traballado, en casa é moi agresivo, veñen a pares, tentan golpear ao rival... Logo se superas esa primeira liña de presión afúndense. Traballan moi ben en situacións intermedias, por arriba son moi gañadoras e na transición son moi boas".

Insiste en que "tentamos impor o noso modelo de xogo se podemos. Ás veces o rival é superior a nós ou durante o partido hai fases que logramos facelo e outras non. Vimos os últimos partidos da SD Eibar. Tivo un moi bo resultado contra o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa nun partido no que non tivo o balón. Non lles fai falta. Se temos o balón imos ter que estar moi concentradas nesas vixilancias ofensivas para que non nos transiten".

Finalmente Fran Alonso recoñece que "xogar nun estadio como Ipurúa é bonito. Temos moitísimas ganas. É un orgullo que equipos como a SD Eibar ou como nós aposten por xogar nos estadios".