RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Podemos facer un bo partido se estamos moi concentradas e moi organizadas"

Fran Alonso subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "queremos construír con estas boas sensacións dos dous últimos partidos. En Eibar o fútbol foi inxusto connosco porque fixemos moitas cousas ben. O outro día (en Las Palmas) cousas que non fixemos ben as fixemos moito mellor e queremos seguir nesa liña, competir, dar unha boa imaxe, dalo todo, tentar porllo moi difícil a un equipo que é doutro nivel"; en referencia ao partido deste domingo 9 de novembro ás 12:00 (Dazn) no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona.

Asegura o técnico deportivista que "temos moita ilusión. Cremos que podemos facer un bo partido se estamos moi concentradas e moi organizadas".

Fran Alonso promete que "imos tentar ser moi agresivas nos momentos que podamos e tentar roubar. Á parte de ser moi sólidas e estar moi organizadas poder xerar ocasións de perigo".

Lembra que o ano pasado "os partidos antes e despois nosa foron goleadas. Nós perdemos 4-0 pero non xeramos nada de perigo. Non defendemos mal pero non creamos perigo. Queremos xerar ocasións, que o rival non senta cómodo xogando contra nós".

Conclúe o preparador deportivista que "estamos nun bo momento, con moitas ganas e iso tense que ver reflectido en Barcelona".