RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Temos moito que mellorar pero imos no camiño correcto"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, após o triunfo ante o Athletic Club, que está "moi orgulloso do equipo. Temos moito que mellorar pero imos no camiño correcto".

Tamén valora positivamente o feito de non encaixar: "Para nós a defensa da área é clave. Sabemos que logo imos xerar á contra. Hoxe (por onte) estivemos moi ben nesa defensa da área. O contrario, coa calidade que ten, vai ter oportunidades"; e insiste en que "estou moi contento con esa portería a cero. Un gol en 3 partidos creo que son números moi bos. E estou contento porque a pesar de marcar o gol tivemos un par de ocasións máis, unha clarísima, para marcar máis. Iso demostra o crecemento do equipo".

O técnico deportivista insiste en que ante as branquivermellas "o equipo mostrou esa madurez. Cando deixaron espazo ás súas costas soubémolo interpretar. Explotámolo no gol e noutro par de ocasións, unha delas clarísima dun 2 contra 1. A lectura por parte do equipo foi boa e sacar os 3 puntos ante un rival como o Athletic Club ten moito mérito".

Finalmente, preguntado polo tres canteirás (Elena, Redru e Paula Novo) coas que o Dépor ABANCA acabou o encontro afirma que "era moi importante para nós conseguir os 3 puntos. É fácil dicir que se aposta por #ANOSACANTEIRA pero logo se só polas nos minutos do lixo a mensaxe que eu mandaría é que non confío nelas. Nós confiamos plenamente en ANOSACANTEIRA. É clave para o noso proxecto. A razón pola que acabaron 3 canteirás é porque durante a semana estiveron moi ben, merecen xogar; e todas as xogadoras que merezan xogar, van xogar".