RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Gauto subliña que "o máis importante é sumar" e Ximo Navarro ve ao equipo "en boa liña"

Juan Gauto e Ximo Navarro pasáronse pola zona mixta do estadio de Ipurúa.

O extremo arxentino mostrouse "moi contento por gañar e por poder axudar ao equipo, por sumar".

Insiste en que "traballamos para o equipo, para os compañeiros e tratar de sumar e ir aos poucos de abaixo para arriba".

Gauto fala ao ser titular de "unha sensación linda para todo xogador. Estou moi contento. Adestrei día a día para merecermo. Grazas a Deus saíu todo moi ben".

Finalmente lembra que "todos os rivais son difíciles nesta liga. Sorprendeume moito desde o primeiro día que cheguei. Son equipos moi bos todos".

Insiste en que "o máis importante é sumar; paso a paso; ir de abaixo para arriba; seguir día a día, partido a partido confiando no equipo".

Pola súa banda, Ximo Navarro tamén se mostrou "contento de axudar cun gol e o máis importante son os 3 puntos".

Subliña que Ipurúa "é un campo difícil, o rival aperta, sabe xogar ben nun campo con menos metros de ancho, hai moitos centros... Na primeira parte estivemos moi ben. Na segunda tivemos algunha ocasión para o 0-2, non o conseguimos e é normal, moito centro, córner... Defendemos ben e estou contento co traballo do equipo".

Finalmente recalca que "estamos moi ben fóra de ABANCA-RIAZOR, dino os números e oxalá podamos conseguir a semana que vén 3 puntos en casa que necesitamos por #ANOSAFORZA e ir afastándonos deses postos".

Conclúe que "estamos nunha boa liña. Superamos un mes difícil con moitos partidos fóra de ABANCA-RIAZOR e creo que o equipo está en boa liña".