RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Germán afirma que agora imos a pola seguinte final, e Villares sostén que o de hoxe non é un mal punto

Germán Parreño e Diego Villares pasáronse pola zona mixta do Nou Estadi Costa Daurada.

O meta deportivista lembra que "todos achegamos o noso granito de area. Estamos contentos cun punto nun campo moi difícil ante un rival que nos puxo as cousas moi difíciles, e por seguir líderes e co golaverage gañado ante un equipo tan competitivo como o Nástic".

Autor de dúas intervencións decisivas, opina que "estes partidos son finais. Xa está, terminou o partido e toca a seguinte".

Germán Parreño insiste en que "só pensamos no seguinte partido. Terminou esta final e agora imos a pola seguinte. Imos seguir así ata que se acaben os partidos".

Pola súa banda, Diego Villares manifestou que "nos puxemos por diante, pecamos un pouquiño de meternos atrás. Dános un pouco de rabia pero non é mal punto".

Un dos capitáns branquiazuis recoñece que na primeira parte "estivemos moi imprecisos, tamén co arreón do Nástic en casa. No inicio de partido custounos ser nós mesmos. Despois tivemos esa de Mella para facer o 0-2 que podía ser definitivo. Pecamos un pouco de meternos atrás".

Insiste en que o resultado "non é un mal punto despois da xeira da que vimos. Agora ímolo a facer bo a seguinte fin de semana en ABANCA-RIAZOR, e a seguir aí liderando a táboa".

Finalmente Villares advirte que "queda moitísima temporada" e ve "importante seguir coa serie positiva".