RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Iano, deportivista até 2026

Iano Simão da Silva Imbeni (Bisáu, Guinea-Bisáu, 2 de febreiro de 1999) recentemente incorporado á disciplina do primeiro equipo, renovou o seu contrato por dúas temporadas máis, até xuño de 2026.

O lateral zurdo deportivista pasou en Portugal polos equipos do AD Os Limianos e CDC Montalegre antes de recalar no CD Choco, de Tercera Federación, na temporada 2020-21. Unha temporada despois, no verán de 2021, chegou ao Fabril, tamén en Tercera.

Ás ordes de Óscar Gilsanz logrou o ascenso a Segunda Federación a temporada pasada. Durante as súas dúas temporadas e media no filial deportivista, Iano xogou 71 partidos e marcou 8 goles, dos que 19 encontros e 3 tantos foron o presente curso en Segunda Federación.

Iano incorporouse ao primeiro cadro hai pouco máis dun mes e debutou na vitoria ante o CF Fuenlabrada (4-1) en ABANCA-RIAZOR, substituíndo a Pablo Martínez no minuto 83.

Convocado en varias ocasións pola selección do seu país, Guinea-Bisáu, disputou o seu único partido con ela o 15 de novembro de 2021, fronte a Sudán, en choque clasificatorio para a Copa do Mundo de 2022.