RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: "Demos un paso adiante en ser reconocibles, en ser nós"

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa do Estadio Martínez Valero que non está preocupado por non ver portería: "Estaríao se o equipo non xerase, se non fose valente, se non fose reconocible. Hoxe demos un paso adiante en ser reconocibles, en ser nós. A segunda parte é de moito mérito: vir aquí, como xoga o Elche CF, estar tan altos e expor tantos duelos, gañar tantos duelos".

Lembrou que a meta ilicitano fixo "paradones do que é Dituro, un porteiro de Primera División. Por iso o Elche CF mantén algúns xogadores de Primera División e pódenche marcar a diferenza".

O técnico branquiazul subliña que "é a segunda porta a cero consecutiva. Non deberiamos esquecernos no campo de quen xogamos e contra quen. As sensacións son boas e estou convencido que isto vai servir para que o equipo creza".

Admite que "en ABANCA-RIAZOR temos unha débeda pendente porque só gañamos 1 partido e o sábado (ante o CD Eldense) temos a seguinte oportunidade".

Finalmente Imanol Idiakez cualifica de "señor partido" a actuación de Dani Barcia, "unha alegría porque un dos nosos acenos de identidade é Abegondo, a nosa xente"; e cre que Mario Soriano, substitución de Yeremay, "fixo un grandísimo traballo".