RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira pon rumbo a Estados Unidos

Inês Pereira está concentrada coa selección portuguesa para disputar dous partidos amigables ante Estados Unidos nesta xanela FIFA de seleccións.

A gardameta deportivista viaxará este martes 21 de outubro ás 10:25 (hora lusa) ao país americano nun voo desde Lisboa.

As norteamericanas son as vixentes campioas olímpicas após derrotar na final dos Xogos de París 2024 a Brasil. En total lograron en 5 ocasións a medalla de ouro e ademais son 4 veces campioas do mundo.

O calendario de partidos de Inês Pereira é o seguinte:

Xoves 23 de outubro
19:00 (hora local, 1:00 do venres 24 en Galicia): ESTADOS UNIDOS - PORTUGAL no Estadio Subaru Park en Chester (Pensilvania)

Domingo 26 de outubro
16:00 (hora local, 22:00 en Galicia): ESTADOS UNIDOS - PORTUGAL, no Estadio Pratt & Whitney East Hartford (Connecticut)

Finalizado este encontro, Inês Pereira regresará a Portugal, con chegada a Lisboa ás 10:15 (11:15 hora galega) do luns 27 de outubro.