RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Jose Ángel Jurado, novo xogador do Dépor 2023-24

Jose Ángel Jurado de la Torre (Sevilla, 21 de xuño de 1992), coñecido futbolísticamente como José Ángel, converteuse en novo xogador do Dépor para as dúas próximas temporadas.

Jose Ángel actúa de mediocentro, aínda que tamén pode xogar como central, e aos seus 31 anos presenta unha ampla traxectoria no fútbol español, após pasar polas filas do Real Betis, club no que se formou, CD Mirandés, Villarreal CF, UD Almería, FC Cartagena, AD Alcorcón e CD Tenerife, salpicada de varias experiencias no estranxeiro.

En total, Jose Ángel disputou 114 partidos en Segunda División, nos que anotou 5 goles; e 147 en Segunda División B, con 6 tantos marcados.

No seu haber está ademais lograr o ascenso a categoría de prata en dúas ocasións: co CD Mirandés (2011-12) e co FC Cartagena (2019-20).

Fóra de España militou no FK Bodø/Glimt noruegués (2017 e 2018), co que xogou 22 partidos en Segunda no seu primeiro ano, no que logrou o ascenso á máxima categoría, onde disputou 28 partidos e anotou 1 gol ao ano seguinte.

De febreiro a agosto de 2019 defendeu as cores do FC Sheriff Tiraspol moldavo, con 12 partidos xogados na Primeira División local e 1 na fase previa da Liga de Campións.

A súa experiencia internacional complétase no Al Wahda FC Abu Dhabi, de Emiratos Árabes Unidos, equipo no que xogou a primeira metade da temporada 2021-22 antes de recalar no AD Alcorcón na segunda parte da campaña. Co cadro árabe participou en 10 partidos en Primeira División local, 4 partidos na UAE League Cup e outros 2 na Liga de Campións de Asia.

AD Alcorcón e CD Tenerife, en Segunda División, foron os seus últimos clubs, na segunda metade da campaña 2021-22 e na 2022-23 completa, respectivamente. Co cadro do Heliodoro Rodríguez López, o curso pasado, participou en 27 partidos e anotou 1 gol.