Jose Ángel recalcou na sala de prensa do Dépor Training Center que "isto é moi longo. No canto de haber implicados 5 ou 6 equipos agora hai practicamente 10. Máis equipos que se suman aí. Os máis fortes e os que máis vaian resistir son os que se van a quedar na parte alta".
Neste contexto, pide "ir semana após semana. No pouco tempo que levo aquí a vez que se fixo iso saíu ben. Por tanto é un bo momento para seguir facéndoo".
Por conseguinte, asegura que "estamos enfocados no partido da fin de semana", este sábado 31 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) ante a Cultural Leonesa no Reino de León, "para tentar conseguir os 3 puntos e outra vez atoparnos cos postos máis altos".
O mediocentro deportivista concede "moitísima" importancia ao aspecto psicolóxico: "Os xogadores temos que tentar ter unha liña regular á hora de pensar e de sentir. Non creo que haxa que estar moi arriba cando estás a gañar nin moi abaixo cando non o estás facendo. Hai que ter unha liña regular, na metade, que che permita seguir concentrado no que fas sen perder de vista todo o traballo que tes que facer".
Nesta liña, "o importante é estar vivo, estar nos postos nos que estamos agora e tentar chegar ás últimas xornadas coa posibilidade de pelexar por estar arriba".
Cre que o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club "fixemos un partido serio. A un dos rivais máis poderosos ofensivamente non lle demos moitas ocasións. De feito metéronnos nun balón parado que é unha das cousas que temos que facer fincapé".
Finalmente, a nivel persoal Jose Ángel asegura estar "ben, cómodo e a gusto no campo; e disposto a axudar na parcela que me toque".
