RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Jose Ángel pide "seguir coa cabeza alta" e Barbero fala de "sensacións boas do equipo"

Jose Ángel e Barbero pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro andaluz cre que o Dépor fixo "un partido completo. Estivemos cómodos na primeira parte. Despois é normal. Eles teñen un grandísimo equipo, grandes xogadores. Houbo momentos nos que nos tivemos que pór o mono de traballo pero en liñas xerais estabamos cómodos. Tes 2 erros que nos condenan, e ese é o resumo do partido".

Pide "esforzarse mesmo un pouco máis para non ter este tipo de erros. A seguir coa cabeza alta e mirando xa ao seguinte partido, que dentro de poucos días temos outro".

Jose Ángel asegura que a pesar dos números "en ABANCA-RIAZOR sentimos cómodos. Xogar con toda esta afección, no noso estadio, na nosa casa para min é un privilexio, un pracer. É verdade que os resultados non están a terminar de saír. Non sei cal é a solución pero temos que tentar darlle a volta a isto en casa porque #ANOSAFORZA non se merece os poucos puntos que estamos a sacar".

Pola súa banda, Iván Barbero opina que "as sensacións do equipo son boas durante o partido e estánsenos escapando por eses detalles, en dúas xogadas illadas deles porque apenas tiveron achegamentos na segunda parte".

O dianteiro deportivista insiste en que "queremos gañar todos os partidos tanto dentro como fóra de ABANCA-RIAZOR. Os resultados están a darse doutra maneira. Oxalá consigamos todo vitorias en casa de aquí a final de temporada, que é o que queremos, darlle alegrías a #ANOSAFORZA. Non está a ser así e tentaremos seguir traballando para mellorar iso".