RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Jose Ángel incorpórase ao traballo de grupo "nunha dinámica do día a día que nos axuda moitísimo"

Jose Ángel entra na recta final da súa recuperación. O mediocentro deportivista completou co resto do grupo unha esixente sesión de traballo consistente nunha activación con rondos e un desenvolvemento do plan de partido para Ipurúa ante a SD Eibar este sábado 27 de setembro ás 18:30 (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).

Así pois, unicamente Jose Gragera está con adestramento personalizado co readaptador Fernando Rodríguez.

En rolda de prensa, Diego Villares destaca desta temporada 2025-26 "a dinámica do día a día que nos axuda moitísimo a todos para trasladar ao fin de semana o que traballas durante a semana".

Samu, Hugo Ríos, Kike Fernández, Pablo García e Fabi foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 10:30.