RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - Athletic Club

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 14 de setembro (12:00) fronte ao Athletic Club, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Hospital de Día, Fundación Educativa ACI - Esclavas SCJ, Ecos do Sur, Comité Antisida Coruña, Cruz Vermella, Accem, Hogar Sor Eusebia, Confederación Saúde Mental España (FEAFES), La Wafe Surf Coruña, Fundación Ingada, Fundación Lareira Pro Saúde Mental, Asociación Pro Enfermos Mentais, Ocio Inclusivo Oleiros e Aspronaga.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.