RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - UD Almería

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 4 de outubro (16:15) fronte á UD Almería, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), ASEM (Asocición Galega contra as Enfermidades Neuromusculares), Asociación Antonio Noche, ASPACE CORUÑA, ASPRONAGA, FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), Fundación Érguete - Integración, Hogar Eusebia, Mentalia Salud, MPDL Galicia (Movemento pola Paz), RIBS Padre Rubinos.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.