RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas Noubi, ante o regreso do Dépor a ABANCA-RIAZOR: "O apoio de ANOSAFORZA axuda moito ao equipo"

Lucas Noubi pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center. Nun máis que aceptable castelán, confesou estar "moi contento por xogar. Traballei para iso e estou contento que o míster me dese confianza".

O polivalente defensa deportivista resolveu o debate sobre a súa posición no campo, ben de lateral ou central: "Onde queira o míster eu vou xogar".

Sobre a súa adaptación, asegurou que "me gusta a cidade...  Vai todo ben".

Lucas Noubi lembra que a temporada pasada no seu club "xoguei só 2 partidos en Primera División pero xoguei co segundo equipo. Non perdín esa sensación de xogar. Agora estou contento por xogar no nivel que quero".

Respecto do seu país aprecia diferenzas "físicas e técnicas. Aquí hai moitos xogadores que saben xogar. Gústame".

O internacional belga resalta no Dépor a futbolistas novos como "Yeremay, Mario, Mella, Patiño, Barcia... hai moitos xogadores novos. Para min está moi ben contar con estes xogadores novos".

Do partido ante a Cultural Leonesa deste sábado 8 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR destaca que "nas últimas semanas a Cultural xogou moi ben. Vai ser un partido moi interesante para os dous equipos".

Finalmente, Lucas Noubi apunta que "o apoio de ANOSAFORZA axuda moito ao equipo. Necesitamos o seu apoio".