RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "A esixencia é tentar estar a ese nivel (como ante a Gimnástica Segoviana) os máximos partidos posibles"

Manuel Pablo extraeu na sala de prensa do Dépor Training Center "conclusións positivas" da derrota da pasada fin de semana ante a Gimnástica Segoviana CF no campo Arsenio Iglesias: "Vimos o nivel que podemos dar, sabemos a esixencia do rival. A esixencia nosa é tentar estar a ese nivel o máximo tempo posible e os máximos partidos posibles". "Se somos capaces de conseguir manter ese nivel estaremos nunha boa liña", engade.

O técnico fabrilista confesa que o mazazo da derrota ante os segovianos "foi no momento. Vasche fodido porque o tentaches, porque até ao final quixeches facelo. Pero era un rival potente, que estaba a xogar coa posibilidade de quedar primeiro. Témonos que quedar con todo o demais e á parte do resultado buscamos que sexamos un equipo reconocible, que tentemos sempre mellorar as cousas e sempre, aínda na xeira aquela de os 6 partidos, ser esixentes na finalización. Nesa liña seguimos".

Conclúe que o encontro ante os segovianos "pode servir para comprobar que podemos manter este nivel por moito tempo".

Da SD Sarriana, rival deste domingo 30 de novembro ás 17:00 no campo de A Ribela, afirma que "leva unha xeira na que non sacaron resultados positivos pero non nos van a regalar nada".

Por conseguinte, Manuel Pablo advirte que "non podemos confiarnos e o que temos que facer é manter o nivel do outro día".