Manuel Pablo advirte que este domingo toca "traballar moito" e "facer as cousas ben"
Manuel Pablo advertiu na sala de prensa de Abegondo que o Pontevedra CF, rival este domingo 2 de febreiro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR, "está a facer as cousas moi ben. É capaz de someter a equipos de Primera. Leva case 5 meses sen perder en liga. É un rival moi potente que está a facer as cousas ben".
Cre que o potencial dos granates "obríganos a facer as cousas ben, a estar moi concentrados e a ter que crer que podemos gañar".
Insiste o técnico fabrilista en que "temos que traballar moito. Nós tentamos ter a pelota e se son capaces de someternos moito preocúpache. Temos que tentar que iso non pase pero é un equipo moi ben traballado e haberá momentos en que poida pasar".
Pide finalmente Manuel Pablo "que non nos vingamos abaixo por esa situación que pode pasar en momentos dados. Temos que aprender a estar tranquilos, a pechar ben as liñas e aínda que teñan moito balón que non pase nada. A partir de aí imos tentar roubar, ter balón e que esa situación de someter ao rival sexa o menor tempo posible".