RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo pide en Villaviciosa estar "concentrados" e "non cometer erros"

Manuel Pablo quere que os seus futbolistas este domingo 19 de outubro ás 16:45 no campo de Las Callejas ante o CD Lealtad de Villaviciosa "saian ben, concentrados no partido, mantendo a nosa idea tanto en ataque como en defensa".

Do cadro asturiano afirma que "ten moita profundidade por fóra, bos extremos. Pode transitar con eses extremos potentes e rápidos. Hai que estar concentrados en situacións de perda, non cometer erros no xogo, non desesperarnos porque é un equipo que se se supera esa primeira presión defende moi afundido. E ter tranquilidade. Seguir na mesma liña que estamos a ter; e saber cando hai que xogar rápido ou ter máis paciencia".

Manuel Pablo afirma que a súa intención é "unha idea de xogo, unha identidade. Dentro desa identidade, a competición é moi importante tamén para crecer como futbolista. Estamos a competir".

Nesta liña, sostén que "aínda que algún partido gañámolo no desconto para min o que vía gustábame igual aínda que non o gañamos. Despois o acerto ou desacerto non nos pode quitar o foco do que estamos a facer".

Por conseguinte, "queres gañar, queres avanzar. É mellor estar aí arriba pero non me quita de ver o que teño que facer, que é que estean ben preparados para o que poida xurdir do primeiro equipo".

Finalmente subliña que é esixente "con todos. Hai xente que non foi convocada pero esíxolles igual no día a día para que non baixen os seus esforzos, de tentar mellorar aspectos que teñen que mellorar. Estamos moi encima deles para beneficio de todos, o grupo e eles que poden ir mellorando".

E ve marxe de mellora na "finalización. Hai situacións con vantaxe que podemos terminalas mellor: último pase, último centro. En accións individuais cando o partido parece que está cómodo é onde máis temos que mellorar porque un gol o cambia todo".

Iso si, mostrouse sorprendido por "cousas positivas, porque houbo partidos nos que os rivais se nos puxeron por diante e non nos volvemos tolos, que a xente queira solucionar as situacións individualmente. E non perdemos o debuxo. Niso melloramos respecto ao ano pasado".