RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Somos un equipo recoñecible"

Manuel Pablo vaticinou esta mañá  na sala de prensa de Abegondo un partido mañá sábado 29 de marzo ás 17:00 (TVG-2) en O Vao ante o Coruxo FC "competido. Cambiaron de adestrador hai 2 semanas e están a competir moi ben. Fixérono o outro día ante o Pontevedra CF, coas liñas moi xuntas. O día da SD Compostela tamén. Transita bastante forte e aquí fíxonos esa formulación e custounos ese día".

Ademais, advirte que "se están xogando moito. Están empatados no play out. Pero nós tamén nos estamos xogando unha situación moi bonita para os rapaces, que é meterse nun play off. Temos que competir de igual a igual con esas ganas, esa necesidade de seguir crecendo".

O técnico fabrilista cre que os fabrilistas "están a competir igual tanto en casa como fóra. Somos un equipo moi recoñecible. Os equipos veñen a Abegondo un pouco máis xuntiños, máis a esperar. E estanos custando máis. Fóra de casa ábrense máis. O día do Marino na segunda parte estabamos a ter ocasións, tivémolas e non estivemos acertados. Nestes partidos tan pechados, tan igualados se non tes o acerto é difícil despois seguir atopando espazos".

Admite, iso si, que en Abegondo "nos está faltando abrir o marcador para poder atopar máis espazos".

Finalmente, o preparador do Fabril confesa que non fai contas: "os cálculos son tentar seguir gañando e sobre todo non perder. É o que temos todos na cabeza. Estamos a competir ben. Levamos semanas competindo ben a pesar de que os resultados en casa non saísen. Estamos defendo moi alto, forte. Ás veces fannos transicións e tamén sufrimos pero é a idea que temos e a confianza que nos está xerando os resultados".