RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mario Soriano: "Queremos máis, queremos acabar da mellor maneira posible"

Mario Soriano lembrou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "xa temos os 50 puntos que en teoría di todo o mundo para conseguir a permanencia. Do play off estamos a 8 puntos, que é unha distancia moi difícil de recortar. Quedan puntos en xogo e todo pode pasar. Nós imos ir a gañar todos os partidos, conseguir os máximos puntos posibles e a ver se podemos dar unha alegría".

O mediapunta deportivista asegura que "eu vou ir a gañar os partidos. O equipo tamén. Todos dentro sabemos que a permanencia podemos dicir que a temos pero queremos máis, queremos acabar da mellor maneira posible, acabar nesas posicións preto de play off e porqué non en play off? porque iso vai ilusionar a #ANOSAFORZA para a temporada que vén".

Apunta que o Real Racing Club, rival este domingo 27 de abril ás 16:15 en El Sardinero (LaLiga TV Hypermotion), "está a xogarse o ascenso. Nós imos xogar o partido como todos. Antes pódese falar que se gañamos ou se este perde pode pasar calquera cousa. Pero iso cando empezo o partido esquécese. Ninguén pensa niso. Nós imos xogar como o fixemos até agora".

Cualifica ao conxunto cántabro como "moi atrevido. A liña defensiva bótaa moi para adiante. Ten os seus proles e os seus contras. Temos que facer un xogo moi rápido e dinámico; e buscar esas costas, que temos xogadores para iso".

Alerta que os dianteiros racinguistas "están a un nivel moi alto: Andrés ten uns números moi bos; Íñigo, Arana... Todos están moi ben. Temos que analizar todo, facer un partido bo e conseguir eses 3 puntos que van ser moi bos para nós".

Mario Soriano cre que ao Dépor faltoulle esta temporada para achegarse máis ao play off "ter máis determinación nas dúas áreas. Ao principio controlabámolos ben, tiñamos ocasiones pero non tiñamos ese chisco de sorte de meter esas oportunidades. Logo en área propia calquera fallo ou erro, que se cadra era pequeno, prexudicábanos moito. Ao principio faltounos iso nas dúas áreas. Agora non sei se levamos 8 partidos consecutivos sen perder, que nesta categoría é moi difícil. Temos que valorar iso. Defensivamente estamos ben, defendendo eses centros, non estamos a conceder moito. E arriba, fóra de ABANCA-RIAZOR aproveitamos todas as que tivemos".

Finalmente é conscente que "a categoría ía ser complicada polos equipos que hai e que ía ser complicado ese play off sendo un equipo recentemente ascendido".