RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mario Soriano: "Reforzámonos súper ben para unha temporada longa na que necesitamos a todos"

Mario Soriano manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "este ano se fixo un equipo moi bo, moi competitivo. O míster vai ter moitas variantes para pór en cada partido. Para todos vai ser bo porque vai haber unha competitividade sa durante a semana".

Cre que "llo imos a pór difícil ao míster para que tome esta decisión de pór a once no campo. Hai que estar todos activos porque en calquera partido podes xogar. E esa oportunidade do míster hai que aproveitala. E isto é bo para todos porque temos un cadro moi bo. Reforzámonos súper ben para unha temporada longa na que necesitamos a todos".

O centrocampista branquiazul resalta a segunda parte do pasado luns en Butarque ante o CD Leganés na que "o equipo deu moi boa cara. Viuse que queriamos ir a por o partido. Se hai 10 minutos máis poderiamos conseguir os 3 puntos".

Así pois marchouse do estadio madrileño con "boas sensacións porque despois dun 2-0 empatar contra un equipo recentemente descendido é moi bo punto".

Finalmente Mario Soriano fai balance deste primeiro mes de competición: "Está a verse un equipo que quere gañar os partidos. En Granada metemos 3 goles e tivemos moitas máis ocasións. Contra o Burgos CF estivemos a atacar case todo o partido e fixéronnos poucas ocasións. E o outro día (en Leganés) tivemos esas dúas ocasións na primeira parte que foron claras, 2 a balón parado. Logo na segunda parte metemos 2 goles e algunha máis tivemos de centro, de tiros. Defensivamente o equipo está a ser moi sólido. O equipo está a verse ben. Estamos a ir nunha mesma liña todos".