RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mikel Balenziaga, novo xogador do Dépor 2023-24

Mikel Balenziaga Oruesagasti (Zumarraga, Gipuzkoa, 29 de febreiro de 1988) converteuse en novo xogador do Dépor para a próxima temporada.

Balenziaga é un lateral esquerdo cunha ampla bagaxe na máxima categoría do fútbol español, na que disputou 278 partidos, 246 co Athletic Club e 32 co Real Valladolid.

Formado na canteira da Real Sociedad, fichou polo Athletic Club en 2008 após xogar dous anos no filial donostiarra, co que alcanzou a internacionalidade Sub-19. No medio dunha primeira etapa de tres temporadas no conxunto branquivermello, durante a que xogou coa selección española Sub-21, foi cedido ao CD Numancia na campaña 2009-2010.

Balenziaga asinou polo Real Valladolid en 2011 e dous anos e un ascenso a Primeira despois regresou a San Mamés, onde disputou as 10 últimas campañas. Nesta década, o lateral esquerdo foi partícipe das conquistas das Supercopas de España de 2016 e 2021 e ademais puido saborear as competicións europeas disputando 36 partidos continentais: 28 en Europa League e 8 en Liga de Campións.

62 partidos en Segunda, entre CD Numancia e Real Valladolid, e 53 en Segunda B coa Real Sociedad B completan a estatística de Balenziaga no fútbol profesional.