RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mohamed Bouldini comezou esta mañá a súa progresiva incorporación aos adestramentos co grupo

Mohamed Bouldini comezou esta mañá a súa progresiva incorporación aos adestramentos co grupo. O dianteiro marroquí realizou a primeira parte da sesión co resto dos seus compañeiros no primeiro adestramento dunha semana que Os Nosos concluirán este domingo 15 de decembro ás 21:00 horas (hora galega, 20:00 hora local) no Heliodoro Rodríguez López de Tenerife.

A segunda parte completouna Bouldini con tarefas específicas supervisadas polos readaptadores Nando Rodríguez e Álex Canosa.

Así pois, unicamente Dani Barcia estivo con traballo personalizado.

Óscar Gilsanz dispuxo nesta primeira xornada semanal unha activación con rondos, un xogo de posición con porterías pequenas e un partido a tres cuartas partes do campo 2 da Cidade Deportiva.

Álex Pereira e Alberto foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo.