RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Novo adestramento en Abegondo para o domingo saír ante o Elche CF con "os xogadores a mellor nivel"

O Dépor realizou esta mañá unha nova sesión de adestramento en Abegondo para, segundo asegurou Óscar Gilsanz en rolda de prensa, saír ante o Elche CF este domingo 1 de xuño ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) "cos xogadores que estean a mellor nivel".

Así pois, quere que "os futbolistas que saian de inicio sexan os que nese momento estean en mellor disposición para poder gañar o partido".

Óscar Gilsanz confirmou as baixas de Dani Barcia, Jose Ángel, Ximo Navarro e Mella; e explicou que Hugo Rama e Eddahchouri "estiveron a medias durante a semana. A ver hoxe e mañá como están para chegar ao domingo. O resto está dispoñible salvo algunha complicación".

Así mesmo, o adestrador deportivista desvelou que Yeremay "desde o partido de Gijón leva cunha pequena molestia que lle permite adestrar a un ritmo menor. Estamos tratanto de coidalo para que nos poida axudar no que poida en canto a minutos".

O corpo técnico blanquizul ten previsto falar co atacante canario para comprobar "se está para saír de inicio ou para axudarnos na segunda parte; pero iso dependerá as sensacións que poida ter".

Este venres houbo unha activación con rondos e un exercicio de finalizacións no campo principal da instalación deportivista.

Alberto, Hugo Ríos, Guerreiro e Kevin foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado 31 de maio Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00.