RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo exercicio de solidez do Xuvenil B, con pleno de vitorias e imbatido no cinco partidos xogados

O Xuvenil B exhibiu unha vez máis a súa gran solidez defensiva no seu partido en Abegondo ante o Atlético Coruña Montañeros CF (2-0), correspondente á 6ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional.

Álex González e Diego Gómez foron os autores dos goles para un Xuvenil B que lidera a táboa con 15 puntos de 15 posibles e cero goles en contra nos cinco partidos xogados.

Xuvenil B: Lemos, Carlos Rodríguez, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Nacho, Embid, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Íker Méndez, Diego Gómez, Trigo, Álex Delgado e Mato.

Este mércores 16 de decembro xogarase o choque da 3ª xornada entre o SD O Val e o Xuvenil B, ás 17:30 no campo do Sinde en Narón, que foi aprazado no seu día por un caso positivo de COVID-19 no conxunto local.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val - Xuvenil B, o mércores 16 de decembro ás 17:30 no campo de Ou Sinde
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0