RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo do Fabril FC Benxamín no grupo C da Primeira Autonómica A Coruña

O Fabril FC Benxamín sumou a súa segunda vitoria no grupo C da Primeira Autonómica A Coruña ao vencer (1-6) ao Orillamar SD A, en partido correspondente á 3ª xornada.

Así pois, o conxunto que dirixen Jacobo Saco e Alberto Bonigno sitúase con seis puntos na táboa de seis posibles, posto que na primeira xornada de liga tocou descanso para o Fabril FC Benxamín.

Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani foron os goleadores fabrilistas ante o Orillamar SD A.

Fabril FC Benxamín: Roque, Joel, Dani, David Gómez, Hugo, Álvaro, Jorge e Iván. Tamén xogaron: Roi, Javi, Martín e David Ramos.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín enfróntase ao CD Calasanz A.

Os resultados do Fabril FC Benxamín até a data son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)