RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRILAug 20, 2024

O defensa galego Damián Canedo incorpórase ao Fabril para as dúas próximas campañas

Damián Canedo Midón (Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2003), apontoa o centro da zaga do Fabril para as dúas temporadas vindeiras.

Formado entre o ED Xuventude de Oroso e o RC Celta, o defensor asinou pola canteira do FC Barcelona aos 16 anos. Na Masía foi escalando ao longo de tres temporadas até chegar ao primeiro equipo xuvenil do club azulgrana.

Con 19 anos (campaña 2022-23), Canedo regresou a Galicia, á SD Compostela en 2ª Federación, e rapidamente converteuse nun esencial, disputando preto de 2.000 minutos en 23 encontros, con 1 gol anotado.

Na 2023-24, Damián Canedo pasou polo filial do Betis, onde disputou 8 partidos en Segunda Federación; e polo Mérida AD, con 14 partidos no grupo 2º de Primera Federación.

Desta forma, o Fabril de Óscar Gilsanz vai collendo forma de cara a esta nova campaña en Segunda Federación coas fichaxes xa confirmadas de Aarón Sánchez, Jaime Garrido, Dylan Iglesias, Íker Vidal, Bil, Fadil, Darío Germil e Damián Canedo; e as renovacións de futbolistas como Álvaro Mardones, David Domínguez, Rubén Vilela, Carreira, Álex Pereira e Hugo Ríos.