RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, "a traballar moito para gañar os 3 puntos ante o Levante UD"

Apenas 11 horas despois de chegar de viaxe por estrada desde Burgos, o Dépor saltou ao céspede de Abegondo coa única ausencia de Escudero e de Charlie Patiño, afectado dunha viriasis.

Onte na zona mixta do Plantío, Helton Leite advirte que "a próxima semana temos 3 partidos (Levante UD o sábado 25 de xaneiro, CD Tenerife o mércores 29 de xaneiro e SD Eibar o domingo 2 de febreiro) moi complicados con 2 viaxes tamén. Hai que descansar, recuperar e estar listo para o Levante UD", expuxo como receita.

O gardameta brasileiro afirmou que ante os valencianos "queremos gañar os 3 puntos. Imos descansar e a traballar moito para que isto pase".

Os titulares onte ante o Burgos CF tiveron esta mañá unha xornada de recuperación, aínda que algúns deles realizaron sobre o céspede a primeira parte da sesión cunha activación e rondos.

O resto do cadro seguiu cun exercicio de posición, unha tarefa de duelos e finalizacións, e fútbol en espazo reducido.

Alberto, Kevin Sánchez e Jaime Garrido foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo retoma os adestramentos o mércores 22 de xaneiro a partir das 11:00 horas na Cidade Deportiva.