O Deportivo ABANCA B mostrouse moi superior (5-0) ao CD Lugo, en partido correspondente á 3ª xornada en Terceira Federación FutFem (antiga Primeira Nacional).
Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa foron as goleadores dun equipo que xa se puxo en vantaxe no marcador cun tanto no minuto 4.
Ao estar o primeiro equipo de descanso, Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar nesta ocasión coas canteirás que están habitualmente en dinámica do primeiro equipo como Paula Monteagudo, Elena Vázquez ou Carmen Carballada, o tres titulares.
Con este resultado, o filial feminino suma 9 puntos de 9 posibles, situado xa na cabeza da táboa.
Deportivo ABANCA B: Uxía Rabuñal, María Calvo, Uxía López, Elena Vázquez, Paula Monteagudo, Laura Testa, Carmen Carballada, Elena López 'Cusi', Laura Otero, Lucía Rivas e Noela. Tamén xogaron: Macarena González, Andrea Ansede, Sara Cercido, Celia Sousa e Antía Brage.
A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao Lóstrego CF.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0